30 de Abril 2006
A última Peonía
Fai moito tempo que estaba esperando para fotografar esta flor, unha das miñas preferidas. O ano pasado localicei un único exemplar perto de Coimbra pero xa perdera os pétalos. Este ano funa visitando regularmente sempre que as miñas ocupacións mo permitían, despois de dar voltas e voltas buscándoa o primeiro día. Despois de aparecer o botón floral tardou máis de 15 días en abrir, casi me chegou a desesperar e logo cando vou tres días despois da penúltima vez atópome conque ten os pétalos roídos. Pero está linda. Tiven que desenfocar un pouco o fondo e facer desaparecer unha herba que saía disparada por riba pero valeu a pena.
¿Será o último exemplar da Beira Litoral?
Escrito por Xisbe a las 30 de Abril 2006 a las 12:56 PM
É unha das miñas frores preferidas e sólo mui poucas veces as podo ver nunha floristeria de Rambla de Cataluña.
Regaleille unha a miña filla, pero morreulle deseguida.
Bicos.
Continuas por Coimbra?
Divirto-me imenso a ler os teus olhares galegos que lanças sobre esta cidade que se trata tão mal...
Ben-vindo Alexandre aínda bem que te divirte. Voltarei calquer dia destes com máis cousas de Coimbra e da Galiza, e sobre todo flores.