Santamariña, un bon amigo de alá, mándame este correo:
"Ai che vai unha foto, aínda quentiña, do aspecto que ofrecía hoxe (4/6/06) ás nove da tarde o Campo da Feira, xa na fase decadente da Festa da orella e da torta de millo. Este ano parece que houbo pouca xente, a pesar de que o tempo axudou ben."
Festa organizada por "Espectáculos Fonte", coa actuación da orquestra Alianza (de Espectáculos Fonte) e a orquestra Trovadores (acompañando a Noelia Fonte).
Terá todo isto algo que ver co vínculo que quere artellar a alcaldesa entre o turismo e a auga? (polo de tanta "fonte")
Coñecendo o aspecto físico do home e atendendo a sua actitude na vida de botarlle "morro", ¿cómo é que non fai a festa do fuciño?, "yo me lo guiso y yo me lo como, tu que lo veas y que lo pagues".
Escrito por xisbe a las 7 de Junio 2006 a las 01:34 AM