12 de Junio 2006

Festas do concello

Primeiro a de San Xoan, que organiza algún dos meus amigos e de pregoeiro outro amigo, ¡non podo faltar!, e que ademáis das orquestas, charangas e grupos folclóricos de rigor presentan como prato forte Celtas Cortos. Deixando aparte o cartel que sempre sería millorable, estou en contra totalmente coa utilización de diñeiro dos montes en man común, ¡34.000! €. O que non ardeu no monte vámolo queimar en foguetes. Un concello tan necesitado de infraestructuras comunais reparte o diñeiro comunal ou dedicao a festas, algo está errado.
A outra festa, a de Pardiñas, coma sempre, a páxina web sen actualizar, ningún comentario sobre a festa deste ano, isto é informar. ¡Qué modernos! ¿Cómo é posible? ¿Que organización é ésta? Deus proveerá, que lapsus, Alfonso proveerá. Parece ser que non teñen nada contratado a estas alturas, que máis dá, policía ha de haber ben dela con outra gran actuación, e o resto dos artistas vale calquer cousa, o importante está nas persoas non nos grupos nin gaitas, nin agromos...

¡¡¡Pardiñas ceibe, festa popular!!!

Escrito por Xisbe a las 12 de Junio 2006 a las 01:34 AM
Comentarios

Pardiñas vaise facer este ano onde sempre ¿verdade?
Se ainda non teñen nada contratado a estas alturas...
O da web desactualizada penso que xa é algo normal ¬¬' (¿Haberá quen a faga?)

Escrito por chousas a las 30 de Junio 2006 a las 02:31 PM

Vaise facer onde sempre. O da páxina débese á estructura de Xermolos, unha pirámide co ollo divino no curuto. O rapaz que se encarrega non está en condicións e ninguén máis pode facelo, unha mágoa.

Escrito por xisbe a las 2 de Julio 2006 a las 01:09 AM
Escribir un comentario









¿Recordar informacion personal?