Athene noctua. Mocho galego en Portugués, Mochuelo europeo en castelán. Fermosa ave nocturna de pequeno tamaño, moi común noutros tempos que parece estar en regresión nas últimas décadas. Gosta de aniñar en buratos de árbores e paredes de casas abandoadas, entre outros lugares.
A súa alimentación componse, básicamente de insectos, pequenas aves e micromamíferos.
A foto foi tirada na parroquia de Xiá no concello de Friol, Lugo o pasado 19 de Xuño.
Oo'
¡Como mola! Nunca tiven a sorte de ver un. Qué ollos...
Se fas unha a unha curuxa a poñerás tamén ¿non?
(Bufff non podo estar sen pasar por aquí tanto tempo ^^')
Xa me gostaría atoparme cunha curuxa con boas condicións para fotografala, pero o que non vou facer é ir buscala ó niño nin meterlle flashes nin causarlle molestia algunha só por ter unha foto.
De todos modos non perdo a esperanza de que un día apareza unha pousada nunha fiestra á tardiña con ánimo de colaborar...
Si se dá a ocasión hei poñela aquí, desde logo.
P.D. realmente non é tan difícil de ver
Escrito por xiom a las 2 de Julio 2006 a las 01:47 AM