2 de Julio 2006

¡¡¡Viva Portugal!!!

desporto.jpg Foi o delirio, cando Ricardo parou o terceiro penalti un berro ao unísono se ouviu en todo Portugal, un país que acredita na súa selección como poucas, na que calquera muller fala de futebol, que o vive dunha forma tan intensa...Onte á tarde era ¡Viva Portugal!, eran miles (creo que millóns e non esaxero) de bandeiras verde-vermellas, era a tarde un claxon de automóvil ceibando ao ar toda a ansiedade contida durante dúas horas que pareceron unha tarde enteira. Unha alegría inmensa para tapar un pouco o triste panorama económico que se está vivindo. Unha e mil veces: ¡¡¡Viva Portugal!!! Enlaces: Escrito por Xisbe a las 2 de Julio 2006 a las 07:14 PM
Comentarios
Escribir un comentario









¿Recordar informacion personal?