Epipactis palustris
Outra fermosa representante da familia Orquidaceae das que podemos disfrutar en Galicia.
Estes exemplares foron fotografados no límite mesmo do Parque natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán o xoves día 6
Grazas ás moi precisas indicacións de
Xermán, foi chegar, aparcar, baixar do coche e poñerse a tirar fotos. Había tamén algunhas Spirantes aestivalis e Oprhys apifera, estas últimas xa pasadas.
Saída de Guitiriz ás 7:30, (ás veces fago madrugar a Eva máis aló do que ela considera de sentido común, como erguerse ás catro da mañán en pleno inverno para ver voar aos gansos bravos na alborada de Villafáfila. Sirvan estas liñas de público agradecemento), cara a Santiago e de aquí pola estrada de Noia en plena hora punta que me fai apreciar máis se cabe a tranquilidade coa que aínda se pode circular polas estradas do interior de Lugo e, sobor de todo, do paraíso chairego. Chegamos ao lugar en cuestión arredor das 9:30 e sen perda de tempo, agás unha pequena parada para estirar as pernas (as patas no caso da Lía), e grazas como anteriormente dicía ás exactas indicacións que levabamos, foi poñerse a tirar fotos nunha mañá completamente despexada, clara e de temperatura perfecta, somentes unha moi leve brisa obrigou nalgunha ocasión a agardar poucos minutos para disparar.
Ese par de horas, literalmente, voaron.
A volta, logo de tomar un café, facémola esta vez cara a Padrón pola que deron en chamar via rápida, nome que en si mesmo esconde unha mortal trampa, é coma unha invitación a correr por unha vía vulgar chea de curvas, cambios de rasante, anque sen cruces.
Padrón Santiago Guitiriz sen máis historia e chegada para a hora do xantar cun sorriso de orella a orella e máis ledos por ve-la Epipactis que se nos tocara a lotería.
¡¡ e a min qué ¡! Se España non pasa de cuartos
Escrito por xiom a las 8 de Julio 2006 a las 01:56 AM
Hola,Buscando informacif3n en gogloe sobre el router SMC7804WBRA y su conector interno de 10 pines he encontrado este tutorial.Desde luego el 99% de lo que explicas este1 muy por encima de mis conocimientos be1sicos de electrf3nica/informe1tica, pero hay algunas cosas de las que habeda oido hablar como la plataforma Arduino.Me imagino que el mod que le has hecho al LinkSys puede ser exportado a mi router SMC , aunque como he dicho anteriormente, la mayoreda sobrepasa mis conocimientos actuales.El router SMC lo he rescatado despues de comprobar que lo que estaba estropeado era el adaptador de corriente y no el router en sed, pero el fanico problema que tengo es que ya no sincroniza (no es problema de lednea, ni de configuracif3n), simplemente no hace apenas intentos por conectarse al ISP.No se si al petar el adaptador, el router tambie9n salif3 mal parado o el adaptador de corriente nuevo (mismo voltaje y Amperios que el anterior) no le gusta al router.Finalmente felicitarte por compartir el tutorial, que ya veo que este1 recie9n salido del horno.Saludos.