11 de Agosto 2006

Arde Galiza

ardegaliza.jpg
Escrito por Xisbe a las 11 de Agosto 2006 a las 09:49 PM
Comentarios

A min paréceme que non se está a queimar moita máis superficie que outros anos. Eso si, se está a buscar que o impacto mediático sexa maior ca nunca ...e certamente se está a conseguir.
De todos modos cada hectárea de monte queima por dentro tanto como por fora e o nó na gorxa empeza a ser difícil de aturar.
O Único "gratificante" de todo isto é que unha boa parte do que arde son eucaliptos. A VER SE APRENDEMOS ALGO.

Escrito por xiom a las 11 de Agosto 2006 a las 11:08 PM

Cando o martes vin de volta tiven que sair da autopista en Santiago porque estaba cortada e despois tiven que sair da estrada antes de Pontevedra e continuar por pistas. Cando chegaba a un alto divisaba fume en calquer dirección para a que ollase e o fume tapou o sol desde Santiago até pasar Tui. Non sei se é efecto mediático ou si as hectáreas son máis ou menos, si sei que é demáis. Basta, basta de ignorancia, de intereses inmobiliarios, de pastoreo, de caza, do que seña, quen pon lume intencionadamente ten a miña maldición.

Escrito por xisbe a las 11 de Agosto 2006 a las 11:43 PM

Non se queimou máis superficie que outros anos, porque xa ardeu o ano pasado, evidentemente o que ardeu un ano, non arde o ano seguinte. Pouca superficie quedaba por arder, por iso plantan xunto ás casas, é o sitio donde inda queda que arder. Creo que todo isto é unha trama social instigada por unha trama política. Algúns están resentidos por as criticas cando o Prestige, e queren ter argumentos nunha situción similar; os acólitos son os que fan aparecer esa situación. Calquer argumento do PP, aléxase moito de ser constructivo, todo é critica, todo está mal, todo é incompetencia....qué pasa? Non teñen memoria histórica? Pensan que non nos acordamos que lle deron unha Medalla de Galicia ó Cascos? Pensan que poden seguir mexando en nos, e que vamos seguir decindo que chove?
Huy que Caraaaaallo!!!! Galicia estase fartando!!!!

Escrito por galego de galicia a las 14 de Agosto 2006 a las 05:17 PM


Benvido galego e gracias polo comentario.
Pode que haxa unha trama social partidaria y pode que sexamos incompetentes. Non me parece que haxa unha única causa e entre elas destacaría a mala xestión que se fai dos montes, sen unha boa política de explotación e limpeza, e sen unha dirección coherente (iso dos montes en man común queimando o diñeiro das talas en foguetes de festa é un esperpento). E pola outra banda a ignorancia, o gaño rápido, a especulación inmobiliaria, madeireira ou política. Non nos esquezamos de que 40 anos de Franco máis 25 de PP deixan o cerebro de un nos mínimos, o meu tamén e por iso emigrei.

Escrito por xisbe a las 14 de Agosto 2006 a las 11:24 PM

A min parezeme k a culpa de k o monte arda é nosa
pork se non votaramos todo tipo de obxetos no monte como por exemplo:botellas de vidro de plástico deixar fogeiras encendidas e todo iso,
Imda k nadie o faga reciclar ou inda k so fose non votar contaminación o monte.

Escrito por cris a las 28 de Febrero 2007 a las 09:02 PM
Escribir un comentario









¿Recordar informacion personal?