26 de Agosto 2006

Nova época ou peche

Pasado o tempo de dó recuperei a plantilla orixinal nos foros de zonalibre.org para comenzar un novo curso ou para acabar con todo en calquer momento. O feito de non estar en Galiza condicióname un pouco o fluxo de posts ao non estar ao tanto dos factos da vida galega como eu quixera, as fotografías de flores disminuien chegados estes tempo debido ás escasas saídas e a mínima colaboración dos outros autores deste blog leva ás veces a pensar que se cadra sería millor deixalo, cousa á que me resisto. Non me parece que veñan tempos millores para o blog pero espero continuar máis tempo.

Escrito por Xisbe a las 26 de Agosto 2006 a las 01:00 AM
Comentarios

Pois eu desde que estou fora da Galiza entérome caseigual que cando estaba alí mascunha perspectiva máis calma. Ás veces compre distanciarse das cousas para velas con outra luz.

Escrito por mendinho a las 26 de Agosto 2006 a las 03:28 AM

...do outro lado de clop... seguirá habendo xente...

Escrito por dorfun a las 26 de Agosto 2006 a las 09:15 PM

Mendinho, o facto de estar presente e ás veces ser parte dábame unha perspectiva da que agora carezco e que estimaba de veras. Desde fora vense as cousas a veces de forma deturpada porque a información chega pasada por moitas peneiras e falta a propia avaliación de quen é testigo, ten conversas con amigos ou contrarios, ou dalgún xeito é partícipe. Iso é o que boto en falta.
Dorfun, ou me leva o demo ou con Clop ou sen ele espero andar polo mundo adiante, pero nunca conseguín chegar, nin de lonxe, a aquilo que eu gostaría ter feito.
Gracias aos dous polos comentarios.
Saúdos.

Escrito por xisbe a las 27 de Agosto 2006 a las 01:45 AM

Eu tamén pensei en deixalo unhas cantas veces. Ás veces por falla de tempo, algunhas por falla de fotos interesantes e outras por falla de motivación.
Pero decateime de que precisaba do blog para seguir motivandome, para seguir facendo fotos, para seguir mellorando a gramática galega...en fin, para estar preto dalgún xeito dos meus.
Xa non podo pasar polos blogs amigos nen comentar a diario pero sempre que teño algo de tempo, non o penso.
Un saúdo desde o sur de Tenerife.

Escrito por Paco Penas de Dorvisou a las 27 de Agosto 2006 a las 03:51 AM

¡Canto tempo sin saber de ti, Paco! Os motivos para querer deixalo son tantos como para continuar, só que ás veces un está "en baixo" e faise todo máis difícil. Vamos continuar.

Escrito por xisbe a las 27 de Agosto 2006 a las 05:08 PM
Escribir un comentario









¿Recordar informacion personal?