Un está afeito a atopar no monte todo tipo de lixo, artefactos, electrodomésticos... ¡¡Pero un bus!! Se ve que non lle collía no contedor amarelo, pero hai outros sitios onde botalo, home.
Non hai moito tempo tamén atopei, esta vez dentro dun burato (algo é algo), a cabina dun camión, se non o creedes podo subi-la foto tamén.
As cociñas e as lavadoras xa non son grandes abondo.
Parece que che j... o proghreso! Se xa non serve para levarnos para a emighración pois adornámo-lo prado. Ay va la hostia tú!
Escrito por Marulo Pailán a las 7 de Octubre 2006 a las 12:46 AMIsto tamén é parte da ignorancia e o feismo do noso país.
A educación ainda ten moito que facer, e non só nas escolas.
Camiño a ningures. Feísmo é o que temos dentro da testa a grande maioría dos galegos, que deixamos o goberno e as empresas do país en mans alleas, copiamos todo canto adianto-basura aparece, queixámonos do mal que o fai o veciño e a fin de contas o único que facemos xuntos é chorar.
Escrito por xisbe a las 15 de Octubre 2006 a las 12:35 AM