16 de Octubre 2006

pisaura

pisaura
pisaura
Originally uploaded by xisbe.
Como non podía ser de outra maneira ir a Terra Cha e non pasar polas lagoas de Riocaldo só é posible si un muda de compañeiros ou fica pechado na casa con sete candados. Resumen:
Meteo:Ceo azul, pouco vento, temperatura agradable.
Personal: Os catro do Clop axexando por tras das ramallas a presencia de calquer ser vivente.
Material: Telescopio, cámaras e viseras. ¿Algún cigarro?
Avistamentos: Tantas cercetas, uns azulóns, unha lontra, algún corvo mariño, uns mergullóns...miles de mosquitos...miles de mosquitos...unhas cantas arañas e entre elas esta a que Eva lle chamou "Pisaura", ¿Pisaura mirabilis tal vez?
O que queira datos certiños ten que ir á libreta de Xiom que escrebeu todo dereitiño e con números certos.
Parece a crónica dun partido de fútbol, ¿nonsi?
Escrito por Xisbe a las 16 de Octubre 2006 a las 10:42 PM
Comentarios

Os azulóns eran un mínimo de 40, 6 as cercetas, 4 corvos mariños, 2 mergullóns cristados, ademáis de 1 bilurico das rochas, 1 bilurico alinegro, 18 galiñolas negras, 1 lagarteiro común, 2 lavandeiras brancas, 2 garzas reais, 1 cullerete, e os paporrubios, merlos, picafollas,etc...

Estes días o que se están a ver son un par de visóns americanos que xa levan tempo por aquí, non teñen que ver coa barbaridade de "liberación" desta fin de semana, senón que forman parte dunha das moitas poboacións xa establecidas ó longo da nosa xeografía e que supoñen unha moi seria ameaza para autóctona. En fin, que hai cada ecoloxista por aí que deus nos libre deles

Escrito por xiom a las 17 de Octubre 2006 a las 12:25 AM

O da "liberación" máis parece obra de políticos, (se cadra ecoloxistas), dada a ignorancia. Esperemos que os outros para paliar non poñan cepos ou deiten estricnina no monte.

Escrito por xisbe a las 17 de Octubre 2006 a las 12:05 PM
Escribir un comentario









¿Recordar informacion personal?