14 de Diciembre 2006

Guía das orquídeas de Galicia

Recibo unha noticia agridoce por parte de Xiom: Foi publicada unha guía das orquídeas de Galicia. Autores: Elvira Sahuquillo y Carlos Cortizo, profesores da Universidade de A Coruña ( polo menos cando soupen do traballo sobre orquídeas do que temos falado tanto e que nos servía de faro). Agridoce porque era a nosa intención publicala e porque finalmente se comenza a presentar en serio estudios sobre a natureza galega.
As especies pasaron de 36 a 40 e no artigo en La Voz falan de que atoparon unha endémica de Galicia, variedade da Dactylorhiza sambucina: a D. cantabrica foi o nome que lle deron.
Felicito aos autores, comprearei o libro do que espero aprender moito e tentarei seguir facendo fotos para máis adiante, calquer día, publicar unha guía fotográfica que millore o publicado até entón.

Escrito por Xisbe a las 14 de Diciembre 2006 a las 12:48 AM
Comentarios

E eu que vos viña a dar a noraboa pq pensei que forades vos, de tódolos xeitos sempre é unha boa nova, e o voso traballo, xa volo dixen, é digno de recoñecemento.

Un saúdo :)

Escrito por besbellinha a las 14 de Diciembre 2006 a las 03:29 AM

Gracias Besbellinha, todo se andará. Só que no noso caso aínda falta moito por facer. Non temos presa.

Escrito por xisbe a las 14 de Diciembre 2006 a las 05:27 PM
Escribir un comentario









¿Recordar informacion personal?