3 de Enero 2007

O pombo

Esta é unha crónica do verbo "paxarear". Fun con toda a plana maior do Clop dar unha volta por perto de Vestexoán, máis aló de O Vilar, camiño da Anafreita, ver paxaros, eis o significado do palabro. Só que paxaros había poucos, unhas lavercas (nin idea de cal é o nome científico), un tordo (Turdus philomelos) e un pombo "raro".
Isto do pombo "raro" ten o seu aquel polo que vouno debullar aquí de vagariño. Camiño da Anafreita apartamos á esquerda por un carreiro onde deixámolo buga aparcado á dereita. A Lía máis eu perdímonos atrás dunha raiola que iluminaba a Penablanca e cando voltamos atopamos a Xiom parado como un pointer cando atusma na perdíz, (falando de perdíz houbo quen confundíu un tordo con unha perdiz, ¡Meu Deus! ¡Como se pode andar así polo monte! Fun eu, non llo digades a ninguén), pero ao que íbamos, de ollo no catalexo, no medio do camiño e facendo figura ollando para as penas.
- E logo, ¿Que ves?
- Hai alí un pombo raro.
E si, alí no alto, nunhas penas había un pombo con cara de frío, ¡pero era un pombo! Vinte fotos.
Haino que ver máis de perto polo que fomos monte arriba, paramos, apuntamos o telescopio e vinte fotos. Outras vinte un pouco máis adiante, e finalmente chegamos a dez metros das penas. E o bicho seguía alí parado, sin se asustar nin dar mostras de querer fuxir.
Despois de vinte fotos, finalmente, pedín permiso, chegueime ao pé del sin tanta ceremonia, fíxenlle unhas fotos de perto, voltei e dixen: É un pombo.
"Raro" é un pombo nunhas penas parado, que non é desconfiado e que non parece estar ferido pero daí a decir que é un pombo "raro" hai diferencia ¿nonsi?

pombo.jpg

Eva oteando o horizonte cos seus prismáticos dixo: ¡Que vista hai desde aquí!

Escrito por Xisbe a las 3 de Enero 2007 a las 01:38 AM
Comentarios
Escribir un comentario









¿Recordar informacion personal?