26 de Enero 2007

Tutorial HDR

Este post é unha resposta serodia a unha pregunta de Xiom: ¿Qué é unha foto HDR?
Unha imaxen HDRI o HDR é unha imaxen de aspecto hiperrealista con asombroso detalle nas luces, medios tonos e sombras. Algo parecido pódese facer con unha cuidada exposición, un filtro de densidade neutro graduado, un bon revelado, un elaborado sistema de zonas na ampliación ou un excepcional tratamiento da imaxen no computador, con un cuidado traballo de máscaras de capa e da cor. E aínda así non é o mesmo, non digo que sexa millor pero si moi diferente.
A imaxen HDRI combina varios disparos feitos con diferentes exposicións para sobreporse ás limitacións de latitude da película con un disparo só (rango de contraste e tons que é capaz de representar).
Entón unha vez que decidíchedes facer a foto, colocade o trípode, disparade varias fotos con un abano de exposicións diferentes, descargade unha demo para probar con Photomatix , seguide os pasos de este tutorial HDR (tamén se pode facer con este tutorial en Photoshop CS2) e listo, a ver que sae.
P.D.:Con este videotutorial non deberían ficar dúbidas.
O que teña dúbidas que lle pregunta ao de esta presentación. É como unha aula sobre o tema de HDR, excelente.

Escrito por Xisbe a las 26 de Enero 2007 a las 12:52 PM
Comentarios

Teño unha dúbida e non sei se me podes axudar.
Hai unha floriña amarela que se lle chucha o talo e sae algo de sabor avinagrado. Meu sogro chámalle meruxe e hai xente que di que son chuchameles pero eu consultei Google images e di que chuchameles son as madreselvas en castelán.
Ti saberás como se chama en galego esa floriña ou o seu nome científico ?.
Graciñas por adiantado.

Escrito por paideleo a las 27 de Enero 2007 a las 01:00 AM

Non sei o nome pero se cadra Xiom ou Eva poidan axudar, vou investigar.

Escrito por xisbe a las 27 de Enero 2007 a las 01:07 AM


Ola paideleo. Se son as das fotos do teu blog do 24.01, creo que poderían ser "Oxalis pes-caprae" do xénero das chamadas "aleluyas".

"Castellano: agrillo, agrio, agrios, agritos, canario, cebolla, cebollica, dormilones, flor del sueño (2), flor de sueño, matacañas, matapán, trébol (2), trebo, villanetas, vinagrera, vinagreras, vinagreta, vinagrillo.

Gallego : alegría, flor do sono, pan d'o cuco, pan do cuco, trebo acedo, trevo acedo, vinagreta."

Esta información obtívose da páxina do Proxecto Anthos http://www.programanthos.org/

Espero ter axudado

Escrito por xiom a las 27 de Enero 2007 a las 02:38 AM

Graciñas pola información. Acrarou a dúbida que tiña.

Escrito por paideleo a las 27 de Enero 2007 a las 09:03 PM
Escribir un comentario









¿Recordar informacion personal?