Nova visita ao NE ourensán nunha tarde de domingo con temperatura prácticamente estival na que o avance da primavera é xa ben notorio.
As Limodorum abortivum seguen sen remata-la súa floración, un mes despois de olla-os primeiros exemplares éstes non acaban de abrir, a cambio si o empezan a facer algunhas, sempre espectaculares, Orchis purpurea.
Orchis purpurea
As O. italica se ven en abundancia, o mesmo que Aceras anthropophorum e coma novidade desta semana varias Cephalanthera longifolia en diversos estados de desenvolvemento
Cephalanthera longifolia
e un ex. de Neotinea maculata perfectamente madura.
Neotinea maculata
Sumarlle algunhas Ophrys sphegodes e scolopax e, asomando, unhas incipientes follas de Epipactis sp.
Exemplar albino de Orchis mascula? Orchis provincialis?
A visita foi fugaz e si lle engadimos unha parada na zona do Cebreiro onde a fenoloxía é algo máis tardía e non vimos unha soa especie, cremos que o resultado non foi de todo malo.
Escrito por xiom a las 18 de Abril 2007 a las 05:55 PMExcelente post. A O. mascula blanca (albina con manchas púrpuras no labelo???) parece un pouco extraña, ese espolón tan revirado para riba sorpréndeme. Estou desexando poder dar unha volta.
Escrito por xisbe a las 19 de Abril 2007 a las 01:13 AM