Orquídeas galego-portuguesas: 1.- Ophrys apifera
 
  1.-Ophrys apifera, 14/07/2007 nunha zona de trasduna de Corrubedo
 1.-Ophrys apifera, 14/07/2007 nunha zona de trasduna de Corrubedo
 Comenzamos a colección de orquídeas galegas com unha 
Ophrys apifera, presente nas catro provincias galegas nas zonas costeiras e nas zonas calizas de Ourense e Lugo.
 En Portugal pódese encontrar no Alto Alentejo, Algarve, Beira Litoral, Extremadura e Trasmonte (eu, de momento, só a atopei na Beira Litoral e Extremadura). 
 O nome galego é abelleira común e en português é abelheira, erva-abelha, abelha-flor e outros. A ninguén a ouvín citar  por eses nomes, nin en Galicia nin en Portugal.
 Florece entre maio e xuño.
 Medra  a unha altitude entre o nivel do mar e os 800 metros en zonas de trasduna e campas ou prados de zonas calizas, a plena luz ou con poucas sombras. 
 
 
 
 
 Escrito por Xisbe a las 10 de Agosto 2007 a las 06:32 PM