4 de Septiembre 2007

Orquídeas galego-portuguesas 7: Neottia nidus-avis

neottia120507.jpg 1.-Neottia nidus-avis, 12/05/2007 , O Caurel
Cando nos puxemos serios nisto de procurar orquídeas a Neottia nidus-avis era unha das que pensamos sería máis difícil de encontrar. Ao final foi pouco menos que chegar e encher. Perto de onde tíñamos deixado o coche e despois de buscar un pouco apareceu esta maravilla que nun principio estivemos a punto de confundir con un Orobanche. Só crece a partir de 700 ou 800 metros en O Caurel, Ancares e Pedrafita, (agora andan decindo que tamén en Viana do Bolo e Trives), anque en Portugal dáse na Serra do Buçaco que non chega aos 550 metros (ponse en dúbida que sexa autóctona e pensan que poido ser levada con alguma das arbres que plantaron no século XVII os carmelitas cando fixeron o mosteiro de Santa Cruz). O seu nome débese á forma de niño dos rizomas entrelazados (nunca os vin), ten a particularidade de ter un color palla e deitar un néctar (non é frecuente nas orquídeas galego-portuguesas). Máis curioso aínda son as citas que falan de floración subterránea. É unha orquídea para buscar baixo quercus (tipo carballo como o rebolo) ou nos soutos ou á sombra das arbres, en chan de substrato calcáreo. Florece de fins de Maio até Xullo aínda que esta foi fotografada antes. Escrito por Xisbe a las 4 de Septiembre 2007 a las 11:37 PM
Comentarios
Escribir un comentario









¿Recordar informacion personal?