Orquídeas galego-portuguesas 10: Orchis coriophora
Orchis coriophora, en este caso Orchis fragans fotografada na zona oriental de Ourense
Para algúns é unha especie e duas variedades ou subespecies, para outros son duas especies claramente diferenciadas:
Orchis fragans e
Orchis coriophora subsp. martrinii.
¿Diferencias? Pois a
Orchis fragans arrecende ( a vainilla) e a
Orchis coriophora subsp. martrinii non cheira ou cheira mal, a primeira ten as follas máis lineares e as flores máis claras e a segunda tenas un pouco máis anchas e as flores máis oscuras. A primeira sería máis facil atopala en substratos variados de preferencia alcalina e a segunda e a segunda een substratos ácidos. Até xeneticamente son diferentes segundo din algúns (Todos estos datos están sacados do libro
Guía das Orquídeas de Galicia de
Carlos Cortizo e Elvira Sahuquillo).
Para min son moi parecidas e en Portugal só atopei a
O. Fragans (digoo polo tipo de sustrato e o lugar (Beira Litoral)onde as achei porque de apariencia e olor eran de todo tipo). Din que tamén crece na zona centro e sur (interior). A
Orchis coriophora subsp. martrinii na rexión minhota e Trasmonte.
En Galicia:
A
O. Fragans haberá que buscala na comarca de Valdeorras en pasteiros ou en mato baixo en zonas de luz.
A
Orchis coriophora subsp. martrinii en prados húmidos en Lugo. Pontevendra e oriente ourensán.
Escrito por Xisbe a las 19 de Noviembre 2007 a las 10:20 PM