Ophrys fusca
 
 
 Creo que xa puxen aquí esta orquídea con unha foto de Jmeijon. Esta orquídea é moi variable e ten tres subespecies: 
fusca (tamén se lle chama 
O.lupercalis), 
bilunulata (ten unha franxa marxinal marela de ± 1mm.), e unha terceira 
dyris, que non hai por esta zona, só no Algarve.  E non fica por aquí, distintos autores levan-lle dado nomes a distintas variedades como 
O. arnoldii, 
O. attaviria, 
O. dianica, 
O. lucentina, 
O. sulcata, 
O. omegaifera e 
O. fleischmannii( supoño que haberá máis. Non me esquezo da 
Ophrys vasconica, forma intermedia entre subs. fusca e dyris, frecuente no tercio norte central da P. Ibérica.
 ¿A qué ven todo esto? Pois, para que se vexa, que o nome das orquídeas pode ser unha inmensa confusión, parece que todos os botánicos queren ser pais da nena bonita. Pasa algo parecido co nome vulgar, en Galicia e en toda a península, unha planta ten nomes diferentes en moitas comarcas ou provincias ou até concellos.
 Por certo, isto do nome vulgar, é un traballo que temos pendente de facer no noso pais. ¿Quen se atreve?
 A orquídea da imaxe sería unha 
Ophrys fusca subs. 
fusca
 
 
 
 
 Escrito por Xisbe a las 14 de Abril 2005 a las 07:13 PM