29 de Febrero 2008

Indiabirds

vijay.jpg
Kingfishers
Máis de 400 paxaros nas galerías de Vijay Cavale, un excelente fotógrafo hindú colaborador de varias revistas, entre elas NG. De interés para algúns pode ser ouvir o canto dos paxaros clicando no altavoz que hai debaixo das fotos. Journey of Joy, o seu blog.
Escrito por Xisbe a las 2:43 AM | Comentarios (0)

27 de Febrero 2008

O domador de pardais

domador.jpg
detalle
Hai unha serie de páxinas rusas que recollen fotografías pola rede a saco, sin poñer o nome do autor ou o enlace á páxina de onde a sacaron. Paréceme penoso pero éche o que hai. Por iso, a partir de agora irei deixando caer esas fotos boas ou anecdóticas que fun atopando por si algunha alma cándida se compadece de nós e dá a información prrecisa para saber máis sobre foto ou autor. Esta primeira vouna bautizar como o domador de pardais. Un nome tan absurdo como calquer outro que me puidese vir á cabeza.
Imaxe en grande
Escrito por Xisbe a las 1:09 AM | Comentarios (1)

25 de Febrero 2008

Mouchos, curuxas...

curuxa.jpg
...sapos e bruxas. Algo así di a falsa salmodia da queimada, ese invento fraguiano e fraguista do folclore rexional galego. Pero non vai diso esta anotación senon das fermosas rapiñas, mouchos e curuxas, que atopei nunha páxina rusa e que me levou a esta galería de Photo.net de Jody Melanson. Desconhezo o título e autor da foto, unha pena.
Escrito por Xisbe a las 3:18 AM | Comentarios (0)

22 de Febrero 2008

Martin Amm

martinamm.jpg

Título: Dragonfly (detalle) Autor: Martin Amm, (1986), Alemania. Páxina: en Photo.net
Escrito por Xisbe a las 10:59 PM | Comentarios (1)

20 de Febrero 2008

József L. Szentpéteri

jozsef.jpg
József L. Szentpéteri
Unha páxina interesante de fotografía húngara, a de József L. Szentpéteri e ademáis con polémica, porque hai quen o acusa de non xogar limpo con esta foto que foi portada de National Geographic da Hungría alá polo ano 2003. Con ou sin manipulación ten cousas espectaculares.
Escrito por Xisbe a las 1:20 AM | Comentarios (2)

15 de Febrero 2008

Iris sen identificar


Iris sen identificar
Cargado originalmente por xisbe
Ésta foi a outra novedade, un iris moi abundante, sen tallo practicamente e diferente, non sei si plano que parece ser importante para a identificación. É diferente do Iris planifolia (confundírao con Iris lutescens que aparece non lonxe de onde atopei éste, un queimado de fai uns anos, de camposa e de pedra caliza, onde por certo atopamos un fósil sen o buscar, nada do outro mundo..
Dubido que sexa unha Iris graminea pero por decir algo.
Bon se alguén se atreve a identificalo sería de agradecer, si volto por alí­ tratarei de saber máis. PD (unhas horas despois): Para descartar/confirmar Iris planifolia fun até o lugar onde as fotografei a outra vez. E si, son cuspidiñas, son as mesmas, polo tanto fora misterios: fica con o nome de Iris planifolia.
Escrito por Xisbe a las 5:08 PM | Comentarios (0)

Arisarum vulgare


Arisarum vulgare
Cargado originalmente por xisbe
Antonte fixen a primeira saída ao monte coa vaga idea de atopar unha orquídea nova, destas de cedo, tal vez unha Orchis papilionacea ou unha Ophrys bombiliflora que os libros din que nacen por estas terras, pero só atopei Barlia robertiana a esgalla. Pasei e repasei un alto no que esperaba ver algo diferente e si apareceu mas non orquídea. Foi este Arisarum vulgare, coma un dedo opequeniño de grande que identificou Otero. Fora disto, e dunha maravillosa paisaxe nun día de primavera, os Iris que poño a seguir e que tamén teño sen identificar.
Escrito por Xisbe a las 4:52 PM | Comentarios (0)

13 de Febrero 2008

Egretta alba

garzota.jpg
Egretta alba
Unha das dúas garzotas grandes que quedaron a pasa-lo inverno nas lagoas de Riocaldo e arredores.
Escrito por Xisbe a las 10:17 PM | Comentarios (2)

12 de Febrero 2008

Á beira do Río Forxá

erithronium.jpg
Sei de boa fonte que o Erithronium dens-canis xa florea pola beira do Río Forxá.
Escrito por Xisbe a las 11:12 PM | Comentarios (0)

Narcissus pseudonarcissus

narcissuspseudonarcissus.jpg
1.-Narcissus pseudonarcissus, fotografado onte por José Otero na ribeira do Río Mandeo, no concello de Aranga. A primavera ven a galope tendido. Otero aínda se pregunta: ¿Será Narcissus asturiensis?
Escrito por Xisbe a las 1:06 AM | Comentarios (0)

11 de Febrero 2008

Naturescapes

picapeixe2.jpg
Alcedo atthis
Espectacular este paxaro pero difícil de fotografar deste xeito para un aficionado que non lle coñeza os traitos e os costumes, que non teña unha paciencia infinita, que non dispoña de tempo e que non sexa poseedor de bon material fotográfico. A imaxe (a páxina máis ben) enviouma una amigo e vale a pena dar unha ollada.

Enlace: Naturescapes
Título: Common Kingfisher
Autor: Doron Hoffman

Escrito por Xisbe a las 11:45 PM | Comentarios (0)

4 de Febrero 2008

Peixes

peixegrande.jpg
Haberá quen diga que o peixe grande come ao pequeno pero neste caso máis parece que os miudos fagan de gardaespaldas do grande. A fotografía é de Michael Patrick O’Neill, Palm Beach Gardens, Florida, USA, e está sacada do Smithsonian, Museo Nacional (USA) de Historia Natural, donde podedes ver a imaxe a maior tamaño para poder apreciar os detalles.

Escrito por Xisbe a las 11:45 PM | Comentarios (0)