Insectarium Virtual
En Insectarium Virtual (revista para os que se paran a pensar nos insectos e outros pequenos animais) vexo que se vai celebrar entre o 19 e 20 de Xulho, en Logroño, Invertrimagen: o primeiro Congreso adicado a unir o mundo da fotografía co da investigación e divulgación dos invertebrados.
Non me importaría ir aínda que so fose para presentar a ponencia "¿Porqué tanto insecto sobre flor amarela?, algo sobre o que podería presentar unha boa colección. E non só eu senon tamén alguén máis que coñezo.
Enlaces interesantes:
Premios Insectarium Virtual Test 2007 España (
vídeo)
Las Cuadrículas UTM por Juan Carlos Cambronero (
artículo)
Unha foto
Escrito por Xisbe a las
7:44 PM
|
Comentarios (0)
Extraño e difícil
Estamos confundidos, saturados con tanta información/desinformación, tentando o máis difícil aínda, procurando sorprender ollos cansos de buscar/axexar o nunca visto, o bizarro é hoxe o que se leva a palma. Por iso esta páxina tan demodée vai presentar o que non verán os teus ollos en toda a tua vida (podo decir os meus si te ofendes):
Os animais máis extraños do mundo e para completar un teste científico (é un decir) para demostrar a tua incapacidade (ou a miña) en saber distinguir entre biología ou física.
Escrito por Xisbe a las
12:53 AM
|
Comentarios (0)