Como di un comentarista anonimo do blogue, e tan anónimo, o Clop non se pode permitir facer critica en español (castelán para quen queira). E menos agora que aparecen os bilingüistas, eses de "un sólo idioma, un sólo país". O facto de que La voz de la región fose escrito en castelán non era máis que un reflexo do que é a prensa do noso país, dinse galegos pero o galego é para o día das letras galegas, 364,9 días escriben en castelán, pero iso si, oprimidos polo galego, un idioma que lles é imposto pola unha minoría.
Pero isto non vai ficar así. porque non tarda en aparecer unha nova versión satírica dos medios de comunicación da nosa terra. Haxa paciencia que todo se andará.