15 de Julio 2004

A Ceifa

CB025 x.jpg Praia de Boa, Ria de Noia, arredor de 1977 ou 78. A Ceifa do berberecho realízase nas mareas vivas de Outono, do mencer até o solpor. Homes e mulleres e até nenos, desde gamelas ou metidos na auga, apañan os croques para despois ser estafados polos maioristas das conserveiras que impoñen o precio. Foron dous días para non esquecer. Por aquelas datas facía traballos para un semanario galego do que fun despedido(é un decir, simplemente non me voltaron a chamar), por desviacionismo político. Escrito por Xisbe a las 15 de Julio 2004 a las 11:47 PM
Comentarios

Hai que seguir mandando maravillas destas en B/N

Escrito por canteiro a las 19 de Julio 2004 a las 10:29 PM


Esa foto non dista moito da actualidade. Agora van con outra indumentaria "roupas de auga" máis modernas.

O que non se modernizou foi o xeito de apanhalo berberecho e as ameixas (que é o que se apanha na ría de Muros-Noia, en particular en Boa).

Por certo -non poido evitar ser crítico con ese tono- non sei daquela pero o problema do marisqueo é:
a) De auto-organización: o capital social é máis ben escaso e os mariscadores non contemplan esa actividade co potencial que realmente. Manténhense en posturas moi conservadoras que evitan a modernización.
b) Político pois fíxose case nada para mudar a anterior situación.

En definitiva, como tantas veces, depende de nós.

Pouco avanzamos lanzando as nosas tintas contra os maioristas das conserveiras (daquela) ou contra do grande capital.

Escrito por Manuel a las 21 de Octubre 2004 a las 11:50 AM

Desde o meu punto de vista tés caseque toda a razón, a economia de subsistencia das rías e tamén do agro, leva ao conservadurismo.. Non tratei de facer unha analise profunda da cuestión senon dar unha impresión do que vivín. Dependería de nós se houbera vontade de moitos, o que non parece.

Escrito por xisbe a las 21 de Octubre 2004 a las 05:17 PM
Escribir un comentario









¿Recordar informacion personal?