Un café, faz favor
Eu que non son gran amigo do café fiquei estupefacto cando vin a cantidade de nomes diferentes que teñen os portugueses para pedir .
- Unha bica: é un'café só', tamén se sobreentende que é así cando se pide 'un café'. Un café pode ser 'curto' ou 'cheio'
- Un garoto: aquí teño as miñas dúvidas, pero penso que é unha dose pequena de café con leite.
- Un galão: é un café con leite de desaiuno pero servido en vaso.
- Unha meia de leite: é o mesmo pero servido en taza, tanto esta como o galão poden ser directos( o café sae directamente da máquina) ou non( o café é posto dunha xarra con café tirado anteriormente).
- Un carioca: practicamente ven sendo un café de borras(ou un café frouxo).
- Un pingado: é o café cortado español.
É ainda hai máis porque asegún o lugar onde un se atope teñen outros nomes.
Clipart de , retocado.
Escrito por Xisbe a las 16 de Julio 2004 a las 07:14 PM