¿Alguén ouviu falar de Ringaskiddy? ¿Alguén ouvir dicer que o seu ar está contaminado con sildenafilo? ¿Alguén sabe o que é sildenafilo?
É unha vila, non sei se chegará a tal, de 300 familias situada ao sureste de Irlanda, no condado de Cork, con un porto de ferrys e algunhas empresas farmacéuticas, que ten a particularidade de ter desde os anos 60 unha planta da multinacional farmacéutica Pfizer, onde desde fai uns poucos anos se fabrica o sildenafilo, principio activo do Viagra.
Desde fai uns poucos anos, 2 ou 3, corre o rumor de que o ar e a auga estan contaminadas coa dita substancia, e que os que por alí andan teñen a libido disparada, até o ponto de lle chamar a capital sexual de Irlanda. Desde entón moreas de periodistas acuden a facer a "investigación" de rigor para ver que hai de certo no asunto, algúns até testaron o efeito levando unha parella de animais, sen resultado. O caso é que a lenda disque se espallou por internet e tamén se convertiu en lugar de peregrinación turística. Até os americanos están pensando en facer unha película ou duas. A Pfizer nega todo.
Hoxe na internet tamén se fala moito de Ringaskiddy porque é o posible destino dunha planta incineradora.
Aquí(The legend of a virile town) e nesta outra(Smiles Aplenty In Viagra Town) podedes ler máis(en inglés) sobre o tema.