O rancho portugués ten un lixeiro parecido co potaxe só que leva máis compango.
Ao seres un plato típico tradicional hai distintas versións, as máis coñecidas son Rancho à Nortenha e Rancho à moda de Viseu, eu vou por unha que atopei ha tempo nunha revista que non é un nin outro.
Ingredientes
400 g. de garbanzos,
200 g de macarrón pequeno,
400 g. de carne de vaca(falda),
Frango(ou galiña)
Aceite(oliva), 2 cebolas,3 dentes de allo, 1 folla de loureiro, 3 tomates maduros, 1 pimento, 2 cenouras, 3 batatas medias, 1 couve lombarda, 1 couve portuguesa, guindilla, menta herbaboa, pirixel, sal e pimenta.
Como é loxico debemos pór a noite anterior os garbanzos a remollo.
Comezaremos 2 horas antes da comida a preparar o rancho, pondo as cebolas picadas e o allo a refogar no aceite nunha tarteira de base ancha, deixamos pochar e deitamos a carne en bocados non moi grandes e pomos lume forte ate dourar a carne, entón é o momento de xuntar-lle o garbanzo, sal, pimenta, cenouras en anaquiños, tomate maduro pelado tamén en anacos e pimento verde en bocadiños moi pequenos. É hora de remexer e botar auga até que duplique o contido anterior, tápase a perola e deixase cocer 1 hora en fogo constante vixiando a auga(débese ter auga quente por si é preciso engadir). Pasada esta hora é o momento de incluir o frango cortado en cubos(si é galiña, máis dura, pó-la antes) a batata tamén en cubos, a guindilla cortada en anacos e as follas de lombarda cortadas á mitade. Pasados 15 minutos é o momento do macarrón e o pirixel, e tapar todo con unhas follas de couve portuguesa(vale repolo) e deixar ferver 10 minutos.
Apágase o lume e déixase repousar 15 minutos. E a come-loque é moi saboroso.
Como veredes nas outras recetas pódese engadir embutidos ou cominos, xa depende do tipo ou imaxinación do cociñeiro