27 de Abril 2005

Ophrys sphegodes

ophrys_sphegodes2 Aquí está a primeira das orquídeas galegas, segundo Jmeijon unha ophrys sphegodes. Teño algunha dúvida pola imaxe, necesitaría unha toma máis de perto do labelo. En Galicia só están datadas a O. apifera, a O. scolopax e a O. sphegodes, ningunha outra Ophrys, pero esta non se me parece moito as fotos que levo visto delas. Esperemos ter máis fotos e ve-le in situ para aclarar-me.Pero seguro que a é. Cortizo e Sahuquillo, da Universidade de A Coruña, falan de tres subsespecies: O. sphegodes subs. sphegodes, O. sphegodes subs. litigiosa e O. sphegodes subs. atrata; mentras que os do CSIC (Flora Ibérica) só falan de O. sphegodes a secas. As duas primeiras poden-se atopar en Galicia, non así a terceira; anque eles pensan que na zona da Serra da Lastra hai exemplares que polo aspecto se encadrarían nesta subsespecie. Non atopei imaxes delas para poder decir en que subs. encadrar a que manda Jmeijon Escrito por Xisbe a las 27 de Abril 2005 a las 01:16 AM

Comentarios
Escribir un comentario









¿Recordar informacion personal?