28 de Abril 2005

Ophrys scolopax

ophrys_scolopax234.jpg Outra ophrys cuxa presencia en Galicia está demostrada, sobre todo Lugo e Ourense é a Ophrys scolopax, esta é portuguesa da Beira Litoral. Os libros falan de que pode chegar até 50 cm. pero as máis grandes que atopei non pasaban de 20, como tamén din que pode ter até15 flores e o máximo que atopei foron 4. O labelo é mais pequeno que o das outras ophrys das que xa falamos e presenta variacións no dibuxo así como na forma e tamaño dos sépalos e pétalos, de feito estuven tentado a poñer varias pero ocupaban moito, outro día. Ophrys picta, Ophrys sphegifera e Ophrys vetula (dos Alpes) pertencen a este grupo de ophrys pero duda-se da sua presencia na península, polo menos a segunda, anque algún autor di te-la visto na Serranía de Ronda. Escrito por Xisbe a las 28 de Abril 2005 a las 12:51 AM

Comentarios
Escribir un comentario









¿Recordar informacion personal?