Aí vai ela toda rumbosa, pasando e pisando por onde lle dé mentras o seu dono e os acompañantes axexan o chao á procura de calquer especimen vexetal ou animal que resulte interesante fotografar, a non ser que haxa toxos ou silvas polo medio, entó adoptará o paso de ir pisando ovos. Gosta especialmente de vir meter o fuciño nas prantas que estamos a fotografar en posición deitados ou, se lle peta, dar unha oliscada no obxetivo. pero non, non se pode decir que moleste, nin moito menos, de facto é unha das alegías das saídas ao monte. Eso si, ¡ai de nós se tentáramos deixa-la na casa!, é algo que nunca se nos ocurriría, faltaría a salsa. Neste caso di-me Jmeijon que vai por un terreo onde había os tres tipos de serapias presentes en Galicia ( por certo, informa-me Jmeijon que non se di serapia, é sempre serapias, xa sexa singular ou plural).
Foto de Jmeijon
Ola. Hoxe hai un especial orquídeas na BBC News. As fotos non son nin a metade de bonitas cas súas.
Escrito por dot a las 11 de Junio 2005 a las 11:18 AMGracias pola información e polo cumplido. Un saudo.
Escrito por xisbe a las 11 de Junio 2005 a las 05:06 PM