23 de Junio 2005
Flor subterránea
O outro día decía que o millor da viaxe foron os amorodos e incomprensiblemente me esquecín dun regalo que me fixeron nada máis subir ao coche:
Orquídeas de EusKal Herria, de Xabier Lizaur, editado polo Servicio Central de Publicaciones del Gobierno Vasco. Unha gozada.
Moito obrigado Jmeijon.
Nel poiden comprobar que as orquídeas son un pozo de sorpresas. Resulta que un par de especies poden ter floración subterránea, a
Neottia nidus-avis que se pode atopar no Caurel ou Ancares ( non estou seguro) e a
Epipogium Aphyllum.
Escrito por Xisbe a las 23 de Junio 2005 a las 08:55 PM
¿¿Floración subterránea?? ¿Como pode ser? Non imaxino qué mecanismo de polinización poden usar...
Nunca deixarei de sorprenderme por estas cousas... Cando decubres algo inimaxinable sempre hai algo máis abraiante ainda.
Din no libro que no caso da Neottia pode ser debido a fecundación polo propio polen(autogamia), no caso do Epipogium sería cleistogamia ( autopolinización e fecundación da flor sin que esta chegue a abrirse, ou antes de que se abra). Misterios da ciencia.