24 de Junio 2005

Campo minado

campominado.jpg Hoxe dia de folgar, saín a media mañán a pé, dirixin-me aos correos, despois de paseo atravesei a Ponte de Santa Clara e fun facendo fotos e roubando retratos a distro e sinistro, só paguei os de uns músicos que tocaban na Rua Ferreira Borges e outros na Visconde da Luz. Retirei unhas diapositivas en Celas e baixei pola Rua Nicolau Chanterene onde fixen esta foto nunha caixa de contadores. Almorcei coma un rei no Cantinho dos Reis do Terreiro da Erva e de vagar fun voltando, facendo fotos, case todas movidas porque eu continuaba andando, ata que se acabaron as pilas da cámara. Alguén me roubou a idea porque xa hai un par de anos que dixen "campo minado" polo estado de algunhas ruas de Coimbra. É penoso ver tanta falta de respeto polas persoas. Algúns que lle negarían o pan a calquer outro e chorarían como magdalenas ante calquer desgracia canina. Como é un problema de moitas outras cidade pregunto: ¿ Para cando unha campaña da nova Lady Di ante esta falta de civismo? Escrito por Xisbe a las 24 de Junio 2005 a las 06:03 PM

Comentarios

E a verdade é que non costa nada recoller esas "minas"... Dígoo sabendo do que falo porque teño can, e sempre levo unha bolsiña para "desminar" XD

Escrito por chousas a las 25 de Junio 2005 a las 08:17 PM

Ciudadano responsable, pero escasean, vendo o rastro escatológico que se pode ver polas ruas.

Escrito por xisbe a las 25 de Junio 2005 a las 11:59 PM
Escribir un comentario









¿Recordar informacion personal?