As pilas das cámaras dixitais son un problema debido á pouca duración que teñen.
Os principais tipos de pilas disponibles no mercado son:
- As alcalinas non recargables.
- As de células de Níquel e Cadmio ( NiCd ), coa particularidade de que teñen que ser totalmente descarregadas.
- As de Níquel hídrido ( NiMH), que tamén son recargables pero sin necesidad de estar totalmente descarregadas.
- E tamé as CR-V3, de litio, unhas recargables e outras de un só uso. Son de maior duración e máis caras, pero pode pagar a pena.
Algúns consellos.
- Se mollas a cámara retira as pilas canto antes.
- Non gardes as pilas no frigorífico, garda-as nun lugar seco de temperatura ambiente ( nin moito alta nen baixa ).
- Cando vaias estar un tempo sen usar a cámara ( máis de 10 mdías ), retira as pilas e a tarxeta de memoria. Dificilmente as pilas de agora van deitar líquidos pero todo pode ser. Algúns fabricantes de cámaras avisan de que as tarxetas ou as máquinas poden afectarse si as pilas se retiran antes de tempo. cando teñas que cambia-las, troca-as todas dunha vez.
Por último se estás en Portugal e precisas de pilas, pide pilhas porque pila significa pene e pode darse unha situación un tanto embarazosa.
pois si que haberá que ter moito coidado co que se pide. Obrigado polas aclaracións sobre as pilhas
Escrito por Anonymous a las 5 de Julio 2005 a las 11:21 PMSon as famosas palabras amigas entre idiomas.
Escrito por xisbe a las 6 de Julio 2005 a las 12:41 AMGracias polo consello... Xa sei algo para cando vaia a Portugal XD
Eu uso na miña cámara as recargables. Merece a pena, senon tes que estar cambiando cada pouco as pilas (que como ben dis, non duran nada). Á larga é menos costoso.
E non esquezas que co prezo das cámaras e as pil(h)as, mollar a cámara, non é moi recomendable... digo eu! ;)
Polo demais, hoxe vin o teu blog por vez primeira, e non sei qué decir... ¡Bo traballo!
Unha cousa mais... se tendes unha camara dixitai reflex, prestade atención ó autofocus cos teleobxetivos, lles gosta moito comer pil(h)as!!
(Non sei se o meu galego aínda e bó ou non, fai moito que non ó falo nin escribo...)
Unha aperta,
Sansara
E non esquezas que co prezo das cámaras e as pil(h)as, mollar a cámara, non é moi recomendable... digo eu! ;)
Polo demais, hoxe vin o teu blog por vez primeira, e non sei qué decir... ¡Bo traballo!
Unha cousa mais... se tendes unha camara dixitai reflex, prestade atención ó autofocus cos teleobxetivos, lles gosta moito comer pil(h)as!!
(Non sei se o meu galego aínda e bó ou non, fai moito que non ó falo nin escribo...)
Unha aperta,
Sansara
Para o caso de molla-la cámara por descuido ou desgracia, a iso me refería, millor quita-las pilhas canto antes. O autofocus ou o zoom comen moito, é verdade. O teu galego é máis que bon, millor que o meu polo menos. Benvido e unha aperta.
Escrito por xisbe a las 7 de Julio 2005 a las 01:24 AM