6 de Julio 2005

Pasei pola praia

praiamira.jpg
Querida filla: Levantamo-nos cedo, é o costume do traballo, e fomos até a praia, pola mañán cedo había un pouco de brétema que se foi disipando, montamo-lo para-ventos na praia (en Mira xa se sabe) despimo-nos até ficar cos bañadores e botamo-la partida de bisca de todos os días e despois fomos mollar os pés. De volta para casa cruzamo-nos con un paspán de sombreiro que levaba unha máquina na man. Será que vamos a sair no Telejornal?. Non perdas ningunhas das edicións. Beijocas. Escrito por Xisbe a las 6 de Julio 2005 a las 01:10 AM
Comentarios
Escribir un comentario









¿Recordar informacion personal?