13 de Julio 2005

Pardiñas 2005

xermolos2.jpg Non teño información da festa de Pardiñas, o Jmeijon no me di nada e na rede pouco se atopa. E para rematar a páxina de Xermolos está chea de " info en elaboración ". A falta de menos de un mes, ¿aínda non teñen o programa feito? ¿non teñen tempo para actualizar a páxina? Non sei, supoño que será fiable a información que aparece no cartel deste ano. Por outra parte, na galería deberían por o nome dos autores dos carteis, parece-me de xustiza e creo que ou poñen fotos decentes ou que quiten aquilo que puxeron alí co nome de fotos do festival, é penoso. Sexa todo para maior gloria de D. Alfonso e o seu patrocinio cerveceiro. Escrito por Xisbe a las 13 de Julio 2005 a las 05:12 PM

Comentarios

¿Outra vez Os Diplomáticos? Non teño problema ningún pero... viñeron hai dous anos...
Sí, xa queda pouco para outro Festival máis :)

Escrito por chousas a las 14 de Julio 2005 a las 01:59 AM

Pues si. ya queda muy poco y por supuesto ire, como llevo yendo los ultimos 6 años desde Valladolid, es una gran fiesta en la que siempre el primer fin de semana de agosto vuelvo a ver amigos de toda la vida. Aunque este año me toca ir desde Valencia y son mas kms, me da igual, con tal de disfrutar esa maravillosa tierra que es Galicia.

Saludos


Escrito por deklan a las 17 de Julio 2005 a las 05:29 PM

Chousas: Outra vez o mesmo, o cura é un inmovilista en cuestións festeiras,aínda ben que o sentido da FESTA ( a diversión en forma de amistade, embriaguez,sexo, música ou o que se tercie), está por encima do seu controlo.
Deklan: Yo andaré algunos Km. menos que tu para no perderme la fiesta desde no sé cuantos años ya. Bastantes más de los que tiene el festival.
SAUDOS AOS DOUS E BOA FESTA.

Escrito por xisbe a las 17 de Julio 2005 a las 11:07 PM

Pois sí... Pardiñas é moi especial para mín, ademáis de ser a chea máis grande do ano e a despedida da terra. Sobre o sexo, ainda teño pedente o probar unha tenda de campaña XD

Escrito por chousas a las 18 de Julio 2005 a las 04:35 PM

Pola noite todos os gatos son pardos e habendo tantas silveiras para que queres unha tenda... a esas alturas e con esa alegría...avanti tutto.

Escrito por xisbe a las 18 de Julio 2005 a las 10:13 PM

Cada ano é mellor, o concerto dos Diplomáticos esivo xenial. A organización e moi boa, pero creemos que debería haber duchas. Graciñas. Ata o ano

Escrito por Antía e Breogan a las 9 de Agosto 2005 a las 12:07 PM

Para gostos...Non os ouvín porque non son do meu agrado. houbo quen me dixo que lle resultaran insufribles. O cartel do festival, sen un grupo de verdadeira calidade, non me parecía atractivo, e os grupos do sábado que foi os que escoitei non me pareceron gran cousa. Por outra parte esas paradas, lecturas , entregas de premios estragan a dinámica do festival, ou a falta de verdadeiros servicios hixiénicos, o fobia antidroga non legal..., por iso non me parece boa organización.

Escrito por xisbe a las 11 de Agosto 2005 a las 01:13 AM
Escribir un comentario









¿Recordar informacion personal?