Parece que non estamos moi activos (sobre todo eu), traslado,
zafarrancho na casa... e ultimamente que non parece haber moitas
cousas novas ¿ou ollos que as detecten? En fin...
Onte, nas Lagoas de Riocaldo, ensimismado na procura dalgunha
eiruga nos salgueiros ou nos chopos, ou agardando atoparme con algunha
sorpresa brotando da terra, esta chegou do ceo en forma, primeiro de
cinzas, logo dun fume negro que metía medo e finalmente de aparellos
voadores que nos trasmiten desacougo. dous helicópteros, catro avións
dos que teñen que tomar terra para cargar auga e dous Canadair. E
alí quedamos Lía e eu, durante máis de hora e media, sentados á beira
da lagoa observando aos dous helicópteros enche-los seus bambis unha
e outra vez a menos de 50 metros das espadanas onde unha parella de
mergullóns Podiceps cristatus intentan criar por segundo ano, e outros
50m por detrás unha nova parella que este ano xa tivo que cambia-la
ubicación da súa plataforma en duas ocasións. Sorte na cría. Mentres,seguimos a queimarnos un pouco cada día nos incendios forestais.
Post de Jmeijon
Tes razon amigo Xisbe...o mesmo que morremos un pouco cada mañá ao espertar
E morremos un pouco máis con este deterioro ambiental de cada día. O post e a foto é de Jmeijon, esquecin-me de po-lo. Un saudo Paco.
Escrito por Anonymous a las 18 de Julio 2005 a las 03:39 PM