A primeira orquídea do ano (había duas plantas), atopada á entrada das ruinas de Conímbriga, (nunha camposa), cando xa pensei que me viña de vacío. Aínda novas e pouco desenvolvidas, de arredor de 20 cm. e con poucas flores abertas. Choveu ben estos días pero é preciso moita máis auga para paliar a seca, non vin ningunha outra que poidese decir que daba flor de aquí a poucos días. Nome:Barlia robertiana (Loisel) W. Greuter Himantoglossum longibracteatum (Biv.) Schlechter (aínda ten máis nomes). Nomes vulgares: Compañon, orquídea macho(en España); salepeira grande (en Portugal); mosques grosses (en Catalunya); hai unha cita antiga en Lugo pero nunca se chegou a demostrar que se dea en Galicia. Localización: C., S., NE, e Este da Península Ibérica e Illas Baleares. Hábitat: Matorral, pastizais, claros e dunas, entre 0 e 1000 metros de altitude, florece entre Marzo e Abril (pódese atopar entre Xaneiro e Maio en algúns lugares e en determinas condicións climáticas). Información tomada case toda do libro de Flora Ibérica, Orquidaceae. Este mesmo post con distinta fotografía foi publicado na fírveda.
O
Son unhas plantas moi bonitas e tamén interesantes, lamentablemente non as atopo a miudo... debe ser que non ando polo tempo e os lugares axeitados para velas :(
Vin o outro día un libro das orquideas catalanas, a ver se o compro e vou á súa caza.
Escrito por chousas a las 25 de Febrero 2006 a las 04:49 AMBen, o conto é que non desapareza clop, gústame moito :)
Un saúdo e noraboa.
Escrito por besbellinha a las 25 de Febrero 2006 a las 12:18 PM Creo que en catalunya hai algo así coma 90 especies (o triple que en Galicia). E teño entendido que por exemplo o Delta do Llobregat conta con non poucas. Supoño que tamén o Pirineo pero son só conxeturas.
Como en outras moitas cousas poderiamos aprender dos cataláns a organizar unha páxina na que busca-la distribución da flora do país de xeito sinxelo como na seguinte, que che pode servir de axuda para localizar os lugares.
http://biodiver.bio.ub.es/biocat/homepage.html
Pero coidado coas orquideas que enganchan ¿non si, xisbe?
O.o' ¡Moitísimas gracias! ¿¿Como pode ser que non soupera desa web??
Para formigas está moi incompleta (unha especie que se atopa en todos lados só está citada para Barcelona), pero supoño que para a flora estará mellor.
Gracias gracias gracias :D