A semana pasada estrenei telescopio e me gustaría subir ó clop unha das primeiras fotos tirada con él, non sen antes avisar que, á espera do adaptador novo, está tirada cun invento caseiro feito cun tubo de pvc e a calidade supoño que mellorará moito aínda.
O bicho é un pimpín do norte Fringilla montifringilla , macho para máis datos, dos que houbo unha voa entrada este inverno parece que na península en xeral e na Terra Chá en particular, no antigo campo de aviación de Guitiriz, a carón do balneario (¿ou tería que dicir bar-neario?).
Post de Jmeijon
Bar Neario só hai un: o de Pardiñas no primeiro fin de semana de Agosto. Gosto do de campo de aviación porque foi como lle chamei sempre, pero antes e aínda agora para os máis vellos é o Monte da Veiga.
En galego decir es un pimpín equivale a "eres un pardillo" en castelán.
¡Se foi unha gran cousa para os amantes dos coches! ¿Queres ver unha bonita colección de BMW? Vai dar unha volta por ali cando xoguen o golf (xa nos teñen botado fora XD ).
Moi linda a foto, se algunha vez consigues unha pega rebordá, un ferreiriño ou un xílgaro ¡serás o meu héroe! :P