9 de Mayo 2006

Novo proxecto 2

Como decía nun "post" anterior o proxecto consiste en facer unha publicación divulgativa sobre as especies de orquídeas que nacen en Galicia.
En principio a nosa guía é o traballo de C. Cortizo&E. Sahuquillo, La familia Orquidaceae en Galicia, publicado en 1999 na Nova Acta Compostelana(Bioloxía).9:125-158. Nela recopilan e revisan os datos existentes sobre as orquídeas en Galicia, ademáis de aportar citas novas, segundo as suas palabras. Son en total 36 especies.
Nos trataremos de constatar as suas informacións e aportar algunhas novas (localizacións), e aportar toda a documentación gráfica e literaria que nos sexa posible.
Xiom, un dos membros de Clop, leva fotografado 23/24 especies en Galicia, pero voltaremos a fotografar todas as plantas para mostrar todas as suas características (planta enteira, inflorescencia, labelo, follas, entorno e calquer outro detalle que sexa preciso para a sua correcta identificación). Asimesmo aportaremos aquella bibliografía interesante que coñecemos, relacionaremos as orquídeas coas plantas asociadas, daremos coordenadas UTM o máis precisas posibles, dataremos as fotos, falaremos do sustrato, medidas da planta e localidade onde se atopa.
En canto ao traballo de campo seguiremos co principio que nos guiou desde sempre: Non alterar na medida do posible a natureza.
En canto ao traballo fotográfico: Reflexo do que hai sen maquillar, axudándonos si é preciso para unha millor identificación de fondos ou iluminacións artificiais.

Escrito por Xisbe a las 9 de Mayo 2006 a las 01:09 AM
Comentarios

Estos meses vou facer un estudo sobre as beiras do Rio Ulla asi que si atoupo orquideas podre recopilar datos (ubicuacion, foto e debuxos)si te interesa. Xa atopei sen querer en unha zoa humeda de unha praia de Arteixo 5 pes de Dactylorhizia (non se si e unha incarnata o elata). Esta semana ire a sacar fotos, so e podido debuxarla.

Por certo, magnifico blog e boa iniciativa o tuo proyecto. Y perdoa o meu galego, que soy frances.

Escrito por Anonymous a las 15 de Mayo 2006 a las 06:48 PM

O comentario mais arriba e miño, olvidei de firmar.

Escrito por Gael a las 15 de Mayo 2006 a las 06:50 PM

Para nós, que nos guiamos polo traballo de C.Cortizo & E. Sahuquillo do que temos falado varias veces, hai catro dactylorhizas en Galicia: D.maculata, D.elata, D. insularis e D. markusii. A D.incarnata é, para nós, unha D. maculata e a que é máis probable que vises en Arteixo. Moitas gracias polo ofrecimento, si podemos axudar ficaremos encantados.
En canto ao idioma non temos que perdoar si non agradecer que te manifestes en galego. Saudos.

Escrito por xisbe a las 15 de Mayo 2006 a las 11:50 PM

Daquela prometi unhas fotos, aqui estan cun pouco de retraso ainda que con un aliciente : encontrei dous especes mais de orquideas (Ophrys apifera e Serapia parviflora). Todo eso en medio del lixo e de escombros de la obra do nuevo paseo maritimo das praias de Arteixo...

Escrito por Gael a las 8 de Junio 2006 a las 08:29 PM

Onde están as fotos? Se queres que as publiquemos mandaas a xisbe arroba sapo . pt

Escrito por xisbe a las 8 de Junio 2006 a las 10:42 PM

Estan xa publicadas na web, con solo facer clic en gael no meu post anterior chegas na paxina que cree coas fotos ;-).

http://eumenio.ifrance.com

Escrito por Gael a las 9 de Junio 2006 a las 12:55 PM
Escribir un comentario









¿Recordar informacion personal?