11 de Mayo 2006

Crónica dunha visita "orquideolóxica" á Serra da Enciña da Lastra

Foi o 1º de Maio, unha case inmellorable data para os nosos propósitos que non eran outros que localizar novas (para nós) especies de orquideas e tirar unha chea de fotografías. O primeiro plenamente conseguido, de 9 especies atopadas para Eva i eu a novedade é a Orchis morio, para Xisbe, se non me corrixe, ademáis de O. morio, O. provincialis, O. purpurea (unha preciosidade de planta) e Ophrys sphegodes.

O segundo dos "obxectivos" , o fotográfico, tamén, pero este con anécdota.

Recollemos a Xisbe sobre as 9:30 h na casa. Aparece preparado coa súa morrala en bandoleira e o chaleco Mc Guiver posto (del sacaría máis adiante un pouco de todo: unha mini lanterna de luz branca (para reforzo en fotos que o precisen), outra máis mínima aínda cunha extensión articulada, navalla "suiza", un plástico para cando hai que bota-lo corpo á terra e ésta está mollada, unha caixiña hermética con panos de papel, algunha cousa máis que agora non lembro e dous estuche de plástico con 4 pilas cada un, recambio para a cámara.

Sobre as pilas foi a primeira conversa logo dos saúdos:

-Traes pilas suficientes?

(as dixitais consumen o seu)

-8 de reposto!

-eu teño 4 máis, cargadas, por se quedaras sen elas.

(e que o coñezo un pouco). O tema queda zanxado.

Autovía. Máis de 150 km. Arredor de 1 ½ h de camiño. Chegada a Cobas. Facemo-la primeira parada nun lugar onde sabemos de certo que imos atopar algunhas especies sen a penas ter que camiñar.

Case de inmediato se escoita:

-A cámara! Quedou enriba da mesa...

En fin, aforráronse unha man de pilas. Para outra ocasión.

De tódolos xeitos non houbo maior problema, cunha soa cámara e dúas tarxetas, un fermoso día de primavera, o xantar de campo e a mellor das compañías posibles, incluída Lia, fixeron deste un deses días difíciles de esquezer.

Escrito por Xisbe a las 11 de Mayo 2006 a las 01:00 AM
Comentarios

Hainos máis paspáns que eu pero están perdidos.
Espero que continúes coas crónicas, o bon sempre gosta un de relembra-lo.

Escrito por xisbe a las 11 de Mayo 2006 a las 01:05 AM

So poido ser unha espectadora do voso traballo e paixón, polo que vexo. Dicirvos namais que me sorprendeu ver a cantidade de especies de orquédeas que hai en Galicia tendo en conta que eu pensaba que era unha especie exótica, tropical e que aquí en estado natural non tería moito futuro. Vexo que me engano.
Gústame moito o voso traballo :)

Escrito por besbellinha a las 12 de Mayo 2006 a las 03:47 PM

A idea de que as orquídeas son especies tropicais é de moitos, eu fun un deles, pero a verdade e que até en Siberia hai orquídeas. Gracias Besbellinha polas tuas palabras de aprecio e alento. Seguiremos adiante e si tés moito intertese dinos en que zona vives e che diremos que especies podes buscar, cando e donde. Unha aperta.

Escrito por xisbe a las 13 de Mayo 2006 a las 06:57 PM

Rafa, para mi fue un golazo lo del texto, a mi me gutsan mucho las fotografedas con texto, me gustf3 mucho la publicacif3n y la foto del arte de la moda este1 excelente porque lo sugestivo de la misma te hace ameno el recorrido (paras en esa te redes y sigues con las deme1s). Felicidades!

Escrito por Viviane a las 9 de Julio 2014 a las 04:11 PM
Escribir un comentario









¿Recordar informacion personal?