14 de Mayo 2006

Ophrys apifera

apifera58ent.png
Ophrys apifera, Coimbra 2006
Cando me fun em Abril estaban a punto de sair e agora é a explosión. Onte atopei unha nun sitio novo ao que fun, e despois achegueime a Coimbra a fotografar as do hospital, que están expléndidas en cantidade e fermosura, algunhas tan grandes coma esta de 40 cm. chea de flores. Foi a primeira vez que vin unha abella a pousarse nelas pero non deu tempo a rexistralo. Este ano non houbo sega aínda no hospital e por iso hai tantas pero poiden constatar que hai quen as arrinca porque encontrei algunha cortda, sobre todo nunha zona de paso concorrida onde o ano pasado había varios exemplares grandes. Non deben de saber que son especies protexidas aínda que tamén acredito que a algúns tanto lles ten: "...si lo quiero lo tengo y los demás que se jodan..." oínlle unha vez a alguén nunha situación polo estilo. Para min é probablemente a raiña das Ophrys. En Galicia tamén hai, Xiom atopou algunha o ano pasado na Costa de Lugo e segundo os libros hainas en algún outro sitio, polo menos en A Coruña pódese atopar no Norte e perto dalgunha praia; e en Ourense e Pontevedra tamén aparece nalgún lugar que outro aínda que non hai moitas citas. Como dizen os portugueses: "São um espectáculo". Escrito por Xisbe a las 14 de Mayo 2006 a las 09:00 PM
Comentarios

Sin dúbida son un espectáculo. O Parque Natural de Corrubedo é un bo lugar para atopalas tamén, pero alí non frorecen ate xuño.
Un saúdo. Interesante o blogue sobre orquídeas.

Escrito por Xermán a las 14 de Mayo 2006 a las 10:34 PM
Escribir un comentario









¿Recordar informacion personal?