18 de Mayo 2006

Epipactis helleborine. Portugal 17/05/2006 Finalmente onte poiden dar unha voltiña para facer fotos. Iba con idea de ver unhas plantas que me chamaran a atención cando viña de traballar de Castelo Branco o martes á tarde. Perto da estrada vin o que me pareceu ter unha forma de orquídea e que despois cain na conta de que moi probablemente fose un gladiolo, non cheguei a ir ata o punto exacto onde as vira por ser un tanto lonxe e estar convencido de estar enganado. O que si fixen foi parar á volta para ver as Epipactis porque xa facía días que non pasaba por alí. Atopei uns 25 pés a maior parte completamente desenvolvidas. Tiña un pouco de receio de que non houbese moitas porque este ano araron para semellar chícharos e tremoços. Algún botánicos distinguen duas subespecies e outros duas especies: Epipactis helleborine subs. helleborine (Epipactis helleborine) e Epipactis helleborine subs. tremolsii (Epipactis tremolsii). A helleborine aparece en sitios con sombra e con sustrato diverso e a tremolsii dase en lugares soleados en aciñeirais, pastizais e matorrais de tipo mediterránico. Escrito por Xisbe a las 18 de Mayo 2006 a las 09:17 PM
Comentarios
Escribir un comentario









¿Recordar informacion personal?