24 de Mayo 2006

Picanzo vermello

laniuscollurio.jpg(Lanius collurio) Pequeno habitante das campiñas que chega a Galicia arredor de mediados do mes de Maio para criar e nos acompaña ata finais do verán. Non é difícil de observar xa que gosta de pousar (ás veces durante bastante tempo) sobre silveiras, cables do tendido eléctrico ou pequenos arbustos á espera do seu alimento, que consiste principalmente en insectos (coleópteros, lepidópteros, etc), pero que non fai ascos a outras presas tales coma pequenos paxaros, micromamíferos, réptiles, etc...
Igual que outras aves do mesmo xénero (L. meridionalis, L. excubitor...) é coñecido por axudarse de plantas espiñosas onde engarza as presas máis duras para, co bico, sacar "bocados". Isto débese a que a pesares da forza do seu bico, á das garras non é suficiente, nestes lugares manteñen unha especie de despensas.
Sobra dicir que coas súas cores avermelladas e grises azuladas é un bicho realmente fermoso.

Escrito por xiom a las 24 de Mayo 2006 a las 05:57 PM
Comentarios

Fermoso animal, non me lembro de telo visto.

Escrito por xisbe a las 24 de Mayo 2006 a las 10:03 PM
Escribir un comentario









¿Recordar informacion personal?