29 de Noviembre 2006

Axuda para identificar

Atopei estas plantas nun baldío no medio dunha morea de datura como nunca tal vin, a marxen esquerda do Mondego a altura da Avenida de Conimbriga está completamente inzado delas. A planta en cuestión mide entre 30-50 cm., con follas similares na forma ás do estramonio pero máis longas e máis estreitas en proporción, porque no tamaño son ben máis pequenas. O fruto ten unha circunferencia entre unha moeda de 50 c. a 2€ e a flor é moi pequena como unha de 2 c.Se non chega coa foto terei que facer outras pero unha da planta enteira é difícil porque se perde no medio das outras.


identificar.jpg Escrito por Xisbe a las 29 de Noviembre 2006 a las 08:17 PM
Comentarios

Ola Xisbe, polo que vexo na foto podería ser unha Brugmansia, da familia Solanaceae igual que as Daturas, o problema xa sería identificala, xa que ó ser moi empregada en xardinería coma ornamental dánse moitas hibridacións, eu decantaríame por un híbrido da Brugmansia aurea.

Aquí tes unha ligazón interesante:

http://www.arbolesornamentales.com/Solanaceae.htm

Un saúdo.

Escrito por Xermán a las 30 de Noviembre 2006 a las 05:50 AM

Outra opción, que polo froito e a flor podería ser máis acertada, é a Cyphomandra betacea, chamada nos Andes tomatillo ou tamarillo.

Nesta ligazón:

http://www.tropenland.at/trp/cont/exot/db.asp?id=13&title=Tamarillo

Agardo que des na clave, un saúdo.

Escrito por Xermán a las 30 de Noviembre 2006 a las 05:58 AM

Hola Xermán, a foto engana un pouco. A planta está entre herba e arbusto, o tallo non é leñoso, a flor é moi pequena (a corola terá un diametro de 1-2 céntimos) e o fruto é como unha vexiga de ar (de feito nun principio pensei que era "vejiga de perro" Physalis alkekengi L.), pero nin a flor nin o fruto se parecen, a folla si, é dentada coma esta. As plantas que ti dis son arbóreas, os frutos parecen macizos e as flores no se parecen. En Coimbra (en casi todo Portugal) hai moitas Brugmansia pero non se parecen a esta na que o tamaño da máis grande non chega a 60 cm. Vou poñer máis fotos.
Gracias pola colaboración, máis tarde ou máis cedo habemos dar con ela.

Escrito por xisbe a las 30 de Noviembre 2006 a las 07:31 PM
Escribir un comentario









¿Recordar informacion personal?