Tiven que pasar unha polo PHTSP para separala do resto das plantas as outras son detalles, folla, flor e fruto:
¡Haise que sacar o sombreiro!. Non esperaba unha resposta tan rápida e polo visto tan certeira. Agora só me fica saber quen deitou tanta semente nun baldío, porque o restaurante mexicano que aquí hai está un pouco lonxe no outro lado do río. moitas gracias Xermán.
Unha aperta.
Estimado Xisbe: Hai uns días dei co teu blog. Interesoume especialmente polas fotos que posúes da feira de Agolada. Eu pertenzo a Asociación Cultural "Amigos dos Pendellos de Agolada". Nesta asociación pretendemos a restauración do recinto antigo da feira e traballamos pola dinamización deste mercado. Entre os nosos proxectos está o de facermos un Museo dedicado ás Feiras. As túas fotos (seguro que tes máis que as que colgaches aquí) interésannos para figurar nese futuro Museo do que se empezarán as obras no ano que vén. Ponte en contacto comigo .Grazas e un saúdo cordial.
Manuel Busto Galego