Vexo en Chuza.org, un lugar que visito con frecuencia para saber de noticias do país, que uns rapaces da asociación Axena fixeron un documental sobre os primeiros días do Cárabo (avelaiona Strix aluco) usando microcámaras de infravermellos. Na sua páxina vexo que ademais teñen outro sobre unha cria de Miñato (Buteo buteo) , o morcego común (Pipistrellus pipistrellus) e as carrizas ((Troglodytes troglodytes). Noraboa, é unha sorte para Galiza que alguén se preocupe de forma tan respetuosa pola nosa natureza.
Escrito por Xisbe a las 6 de Diciembre 2006 a las 01:37 AMEstimado Xisbe: Hai uns días dei co te blog. Noraboa polo teu traballo. Das túas fotos interésanme especialmente as da Feira de Agolada (Pontevedra) que fixeches segundo creo alá por 1978. Eu pertenzo a Asociación Amigos dos Pendellos de Agolada. Traballamos para conseguir a restauración e dignificación do antigo recinto da Feira. Xa temos algo de camiño feito.Para o ano que entra iniciáranse as primeiras obras, entre as que figura un Museo dedicado ás Feiras. Con ese fin interésannos as túas fotos, para formarparte da documentación fotgráfica deste Museo. Estou seguro de que tes mais fotos das que aparecen no teu blog. Agardeceráiche que te puxeses en contacto comigo Gracias de antemán.
Manuel Busto Galego
Rúa Nova, 29
36500- AGOLADA (PONTEVEDRA)
986 783614
616 581025
mbusto@edu.xunta.es