15 de Agosto 2007

Orquídeas galego-portuguesas 3: Dactylorhiza maculata

maculata15.jpg 1.-Dactylorhiza maculata, 14/07/2007 no concello de Pedrafita
É unha das orquídeas máis comúns que se poden atopar en Galicia.Está presente nas catro provincias e aparece en todo tipo de sustratos, atopeina en altitude e ao nivel do mar. É moi varible na cor da flor, desde o fucsia intenso até o blanco, casi sempre ten unhas pintas no labelo máis oscuras así como nas follas basais, pero nin sempre. Fálase de moitas subespecies, caramulensis, ericetorum, elodes, maculata, as duas primeiras estarían presentes en Portugal e as catro foron citadas en Galicia. Normalmente é tan variable que se poden atopar exemplares de caracteristicas misturadas no mesmo local. Aínda por encima, á primeira ollada, pódese confundir con D. Elata. Florece entre maio e xuño, normalmente a plena luz e en locais húmidos. Escrito por Xisbe a las 15 de Agosto 2007 a las 02:04 AM
Comentarios
Escribir un comentario









¿Recordar informacion personal?