17 de Agosto 2007

Orquídeas galego-portuguesas 4: Aceras anthropophorum

aceras050507.jpg 1.-Aceras anthropophorum, 5/05/2007, no municipio de Rubiá
É unha das primeiras orquídeas que atopei en Portugal, cando aínda buscaba sen saber si existían, ¡ignorante de min!. Abundante, nos sitios onde medra, gosta dos substratos con caliza. Pódese encontrar entre on nivel do mar e a máis de 1000 metros, en Galicia debido á localización das zonas calizas é raro vela abaixo de 400 m., en campas, cunetas, mato baixo ou nas lindes de piñeirais, gosta da luz. En português coñécese por rapazinhos ou erva do homen enforcado debido á forma do labelo que semella ter brazos e pernas, descoñezo si popularmente é nomeada dalgún xeito en Galiza. Na nosa terra pódese buscar, entre abril e xullo, en Valdeorras, Caurel, Pedrafita, Ancares e en Portugal nos distritos do Algarve,Beira Baixa, Beira Litoral, Extremadura e o Ribatejo. Non é difícil ver híbridos con Orchis italica. Escrito por Xisbe a las 17 de Agosto 2007 a las 05:12 PM
Comentarios
Escribir un comentario









¿Recordar informacion personal?