21 de Agosto 2007

Orquídeas galego-portuguesas 5: Orchis Italica

italica120507.jpg 1.-Orchis italica, fotografada na cuneta dunha estrada de O Caurel o 12/05/2007
Outra orquídea de "raparigos" ou "aforcados". O labelo ten unha semellanza de forma con a Aceras antrhopophorum pero a cor é diferente, de esbrancuxado a rosa intenso Ligada tamén aos terreos calizos só se atopa en Galiza no Sudeste de Lugo e Noreste ourensán ( no tomo XXI de Flora Ibérica do CSIC din que tamén crece en substratos silíceos). En Portugal está presente no Alto Alentejo, Algarve, Beira Alta, Beira Litoral, Extremadura e Ribatejo. Onde medra é abundante, sobre todo prados e clareiras de mato baixo, entre 300 a algo máis de 1000 metros, desde fins de Marzo até Xuño. Escrito por Xisbe a las 21 de Agosto 2007 a las 01:27 AM
Comentarios
Escribir un comentario









¿Recordar informacion personal?