Picapeixe 1
É un dos paxaros máis espectaculares, polas cores e pola sua actividade. O mes pasado leveime unha sorpresa ao velo na beiramar, perto da
Casa de los peces (¿será que se chama así?) de A Coruña, e aínda non é difícil observalo nos nosos regatos. A foto que traigo debe ser unha das que todo fotógrafo de aves gostaría facer pero para a miña desilusión un entendido na materia díxome que preparan unha peceira con peixes nun local no que habita e con cámaras e sensores fotoeléctricos fan a fotografía. É lóxico porque o bicho é nervoso e desconfiado e atinar onde se vai introducir na auga para pescar semella difícil. Esta foto e as outras que aparecen na páxina de onde a saquei mostran a entrada e pesca por parte do picapeixe. Espero que calquer día Xiom nos sorprenda coa súa.
Enlace da foto
Fotos de
Ilia Shalamaev
Fotos de
Angel Pulido Domínguez
Escrito por Xisbe a las 23 de Noviembre 2006 a las 01:52 AM