22 de Noviembre 2006

Feísmo

La Voz de Galicia promove o envío de fotos para denunciar esa lacra gallega de comportamentos antiestéticos e desastres urbanísticos.
Eu propoño outra campaña para denunciar o abuso, a tomadura de pelo e o desprecio aos galegos no que respecta ao seu idioma e a sua cultura, algo que me parece tan grave ou máis e da que La Voz é un claro exponente. Para empezar aí vai a miña:

avoz.jpg

Escrito por Xisbe a las 22 de Noviembre 2006 a las 09:37 PM
Comentarios

Non serie eu quen defenda a La Voz, pero por sre alguén non de decatou, tes a posibilidade de ler ese xornal en galego. Clika na barra superior á dereita.

Escrito por Lola da Estepa a las 25 de Noviembre 2006 a las 03:26 PM

Se clikas na barra de galego de A Voz, aparéceche unha edición traducida por un programa informático que non é galego e nen sequera é idioma. Non sei se neste caso será mellor nada que algo.

Escrito por Felipe a las 25 de Noviembre 2006 a las 03:52 PM

pero nas edicións impresas que son as que chegan á maioría da xente nada de nada, incluso a "botaratada" do día 17 de maio coa portada en galego non sei se non será máis insultante que outra cousa.

Escrito por canteiro a las 26 de Noviembre 2006 a las 01:23 AM

¿En que barra superior á dereita teño que clicar?¿No lóbulo frontal do editor'¿No autoodio galego? ¿Na ignorancia do noso propio idioma de tantos de nós?
La Voz leva recibido por parte da Xunta (en mans do PP) tantos millóns por fomento do idioma que cando menos grande parte do xornal debería estar escrito e publicado en galego. ¿En que cabeza cabe que un xornal que se di galego traduza as manifestacións en galego ao castelán? ¿Que tipo de de psicose padece este país? Insisto mándade a vosa sexa cal for.

Escrito por xisbe a las 27 de Noviembre 2006 a las 12:30 AM
Escribir un comentario









¿Recordar informacion personal?