Aquí podes ve-la ao seu tamaño,Venitian
Die_töchter_des_ windes The_ last_judgement Nana Flora_et_fauna
A verdade é que non coñezo moitos traballos sobre animación pero acabo de ver un de
Teño duas invitacións para o correo de Gmail. Si tes interés deixa o teu enderezo electrónico nos comentarios(ti que dis).
No confín da Terra Cha, na parroquia de Lagostelle, o río Escádebas(logoForxá) ten sete muiños,ou o que queda deles, en un curto tramo. O concello de Guitiriz fixo hai anos unha piscina no que antes era a Poza Grande entre os muiños de Landoeira, e a última corporación do PP tentou facer unha área de lecer no entorno con pouco sentido estético. Por último unha nova piscina artificial no alto , perto da outra do río, á que non sei se lle sacarán proveito. Con todo aconsello o paseo polo río. Esta represa que vedes na foto é a Poza Pequena con un dos muiños.
Esta é dunha americana que fai retratos de raparigas con ollos de boneca, que ten unha páxina web con outro que supoño será o marido ou o irmán, que nunca se sabe, escultor de obras 'realistas', por lles chamar dalgún xeito. Que disfrutedes da carapuchiña vermella: sas_chistian. Non puxen as duas imaxes no mesmo post porque non fun quen de que ficarán ben,debido ao formato dos arquivos.
Esta é dunha rapariga(non tan nova) que comenzou facendo graffitis e agora expón nas galerías: miss_van,
Como sei que algún de vos gosta de comics preséntovos a COMICLOPEDIA de Lambiek, onde podedes atopar por nome de autor casi todo, e se queredes até podedes comprar. Eu xa os teño un pouco abandonados. Os meus preferidos: o uruguaio-arxentino Alberto Breccia, e o americano Al Capp co seu personaxe friki lil_abner. Dentro dos españoles de comic 'adulto', o millor é o catalán Max, podedes ver unha reseña en guiadelcomic.
A través de Martin Pawley(13/10/2004) leo o artigo de Santiago Rey, Presidente de La Voz de Galicia, que fala de que sigue vivo o compromiso do seu xornal con Galicia, a democracia e o desenrolo desta terra.
O primeiro, e que Galicia débese defender desde a raíz, o idioma; o segundo, que xa teño lido artigos no seu xornal 'defendendo o país' en situacións puntuais e apoiando despois aos enemigos do desenvolvimento da nosa terra; o terceiro é como teñen silenciado ou adozado certas noticias contrarias aos intereses do PP; e por último, por non cansar porque se pode seguir un día enteiro, penso que La Voz é un dos medios de comunicación subvencionados pola Xunta.
Non me creo nada. Só quero feitos, un xornal galego en galego e unha clara defensa cotiá dos intereses de Galicia, o resto é conversa que din os portugueses.
Por certo non estaría de máis darse unha volta polos comentarios da enquisa da Voz sobre si Fraga se debe presentar de novo.
Teño 3 invitacións de Gmail para repartir. Darei preferencia aos visitantes habituais, anque algún xa ten. É preciso poñer o correo, non vos esquezades.
A maior parte dos que escribimos blogs xa non somos da edade do pavo, eu menos aínda, pero unha das críticas que se nos fan con frecuencia, digoo polo lido noutros blogs, é o 'creídos' que somos. Non diría que non pero non quixera ser un deles. 'Voçés' dirán.
Apreséntovos o traballo de Ray Caesar, un londrino corentán nascido can, segundo el. Como sabedes non acostumo por images que non me pertencen pero o traballo deste artista ben merece romper barreiras. A imaxe da esquerda está tomada do apartado method da web onde explica que primeiro fai un 'molde' en 3D e logo pintao, a da dereita é das galerías(detail images). Gostei dese aspecto de porcelana anémica. A boneca da imaxe ten múltiples versións.
Hoxe foi o Domingo das Mozas en Lugo, a festa máis pailana de todas cantas vin, na aldea máis grande do mundo. Veña polbo e veña barracas e, para min, pouco máis. Pola miña vila pasaban moreas de xente en autobuses e coches, que viñan de A Coruña desde pola mañán cedo, parando a desaiunar e a comprar tortas para levar aos familiares de Lugo. Un dia coma este se non chovía non se podía andar por Lugo.
AJRÚ, que diría a Peón.
Leín en Libro de notas ,este interesante artigo de Marcos Taracido sobre Fraga , os seus caciques e a inoperante e torpe oposición. A miña visión do asunto é máis negativa.
Xa están aquí, chegaron xa as raiñas de outono , para nos quentar as mans e encher o bandullo. As millores as abadengas que son grandes e saborosas.>
Todos os días borraba 2 ou 3 anuncios de casinose non sei que máis.Xa parei.
O curioso é que sempre van dar aos mesmos posts:Cap e Xa cheguei.
Ano 1997 ou 78, manifestación en Carballo(non estou seguro,que alguén me corrixa) e posterior baixada ao areal. En causa estaba a extracción de area que iba contra os intereses dos mariscadores da zona. No adro da igrexa reúnense os manifestantes,e contra a opinión dos dirixentes da UPG, decídese baixar até o areal, onde estaba á espera unha morea de guardias civís. Prodúcese un enfrentamento e polo menos un guardia civil realiza disparos, que non atinxen a ninguén. Poido ser dramático. Esta foto de escaso valor técnico foi despois publicada nos medios nacionalistas e en pancartas. O negativo pasou anos nunha caixa perdida e escaneado fai pouco. Fun detido uns dias antes por pegar carteles da manifestación, pasei un dia e unha noite no calabozo do pazo de Raxoi e despois de pasar pelo xuiz, posto en liberdade.
Supoño que moitos de vos coñeceredes o conto de E.A.Poe no que relata,creo lembrar, o descenso dunha nave por un remuiño que se produce no mar e que engule todo.Algo así. A un nivel moito máis pequeno, en calquer regato, tamén se poden dar estes remuiños na saída da auga das presas.
Todos estamos necesitados, cada un no seu, pero ter que chegar ao punto de expor as miserias na rúa...é demáis. Este sistema liberal ou neoliberal está engordando a uns poucos e levanto a moitos a situacións penosas.
Gostaría de saber que tal vedes o blog segundo o tipo de conexión e buscador que teñades. Si descarga rápido ou non, se se ve con fallos e cuais son, etc. Queredes colaborar?
Desde hoxe, na columna da dereita, engado noticias de Portugal, con links a xornais ou outros medios de comunicación, para que este país fique un pouco menos lonxe.
Borago officinalis, planta de entre 25-100cm. que medra silvestre en sitios secos, ao pé dos camiños ou cultivada(en Francia e Italia). Utilízase desde a antigüedade como alimento e medicina. Creo ter lido que por Aragón é un plato apreciado.
A equipa de imaxe do PP na sua campaña de renovación, preparando o camiño para ás eleccións, enviou ao conselleiro a un reputado psicólogo francés, que recomendou,dado o seu nome, que o betanceiro utilizase estas novas tarxetas de presentación. Desde entón o devandito non perde ocasión de entrega-las aos membros da oposición.
Fai unhos días fun dar un paseo polo rio Mondego fora de Coimbra e atopeime con que hai portas no campo.Será?